viernes, septiembre 09, 2005

& FARALLES MEDITAR !

As historias de sufrimimento que se están a vivir e a ver a través do televisor estos días paracen sacadas dun campo de concentración de Sudán , da Republíca do Congo ou de Ruanda .¿ Quen podería dicir que todo eso está a acontecer no apenas fai medio mes estado rico de Lousiana e pola contra ahí os temos , a moita xente xunta e apelotonada , famenta e desesperada vagando dun lado ó outro polas rúas sen saber moi ben a onde ir . ¿ Como edulcará Hollywood desta volta as súas películas con esta traxicomedia ? ¿ Con que tintes bucólicos ou narcisistas apareceran os seus novos Rambos nesas películas , Supermantes e Spidermans ? Pero que duro é o peso da realidade ! .O paìs autoproclamado máis poderoso do mundo asulagado polas augas , destruido e pedindo axuda á Unión Europea , a México , e a outros estados en tan pouco tempo ! . O mesmo pais que mantivo un embargo de decenas sobre Cuba , que invadiu Irak e provocou máis de duascentas mil mortes, que vendeu armas a todos os paises do mundo , que alimentou guerras e guerillas , que deu a espalda a catástofres como a limpeza étnica de Ruanda , que se olvidou de de catástrofes humanitarias en tantas partes do mundo .......e ahora , en tan só uns días , o paìs máis poderoso , o máis forte , o máis narcisitas e sobervio baixo a administración Bush suplica axuda !

Logo que as desgracias e o sufrimento que ningúen desexa nin desexou nunca ó pobo americano desta volta disfrazado baixo o nome de Katrina lles fará meditar! por qué o sufrimento fainos meditar a todos ! .... , lles fará meditar a todos os Estadounidenses sobre palabras tan fermosas como a solidariedade , o pacifismo , a ecoloxía !( Faralles meditar sobre a ratificación do protocolo de Kioto ( e como o cambio climático ten efectos directos sobre o mundo e de que xa ningún pais esta a salvo ) , faralles meditar sobre a soberbia e recordar a quen os axudou durante a súa dor e a cantos pobos axudou o seu goberno mentres estes sufrian !, faralles meditar sobre a paz , e o destino de millerios de recursos destinados á gerra de Irak ( enriquecendo a empresas das que formaban parte importantes membros do goberno actual como o seu vicepresidente ) e destinando recursos para Irak que houberan ido para reforzar diques e presas de Louisiana . Faralles en suma meditar sobre unha idea básica que recollo dun libro que estou lendo estos días chamado "El Jardín de los Justos " de Gabriele Nissim ( basado na vida de Moshe Bejski ) que entresaca das palabras da biblia o seguinte : No Talmud xudeu a creación humana está representada pola aparición dun só home , quizás para dar a entender que quen destrue a un só home destrue ó mundo enteiro e quen salva a un home salva a toda a humanidade !. Quizas os americanos mediten nas súas casas estos días sobre estas palabras e se den conta de que outro mundo de paz e non-fame , e non-guerras é posible , de que o estado máis poderoso do mundo debería ser o que debese capitanear a salvación do mundo ! : Outro mundo é posible ... só SÍ nosoutros o facemos posible !

p d l