viernes, mayo 27, 2005

Parque Eolico gran negocio !

Parque Eólico : gran negocio !

Parece ser que o diñeiro facil está por riba da beleza da Serra do Páramo

Hoxe sae na Voz de Galicia ( noticia da Voz )
Noticia da Voz sobre sociedades eólicas creadas para Lucrarse


Estas dúas noticias e en especial esta última son bastante aclaratorias sobre a razón da creación de sociedades para administrar parques eólicos concedidos a amiguetes . Da moita pena achegarse cara a Serra do Páramo e pensar que desde o Alvaredo a Goian , hasta cerca do Repetidor a paisaxe e o habitat quedará alterado para sempre de forma moi agresiva .
Os intereses sociais e os estómagos da xente están por riba dos intereses dese pequeno habitat , se alomenos ese Parque Eólico fose de titularidade pública ( como o 50 % dos parques eólicos do Pais Vasco ) pero é unha magoa que cando vexamos mover as aspas dos muiños so veremos o lucre e os beneficios duns poucos , porque as xentes de Saa ou Friolfe apenas verán un duro , logo non hai razóns maís que de soberbia . A empresa Virandel pronto venderá a súa concesión a outra macro empresa creada seguramente con fondos de inversión Xaponeses e Norteamericanos ( a tan de nome galego Eurovento , entre unha delas ) e o diñeiro irase cara Tokio ou cara Boston ou sabe quen cara onde ....! Aquí no Páramo ó igual que eses paises africanos onde venden o cacao do Cola-Cao , levarannos o vento que zoaba libre pola nosa Serra , e levarannos a nosa estética , a paisaxe da nosa alma! as formas suaves e casi sagradas da nosa pequena Serra que empeza na montaña da Greimunde e remata en Goian .
Por un lado un Corredor Agresivo que se mete no medio e medio da serra ( se alomenos entrase nela por un tunel ) pero farase un gran desmonte , e do outro lado o Parque Eólico que cambiará a forma estética da zona ( aproximandonse cada día máis ó pais dos Teletubis ) .
Gustaríame saber a min por qué o noso Alcalde ten tanto interese na construcción deste parque sabendo o pouco beneficio que nos traerá ( leer nova )
A carta dun Xefe Indio ó Presidente dos EEUU en 1854 seguen hoxe de actulidade cando pensamos en preservar a natureza .
Collede as vosas cámaras de grabar , as cámaras de fotos grabade canto poidades a nosa Serra para que os que veñan atrás nosa saiban de como debera ser o que nunca debería ser .